A empresa do AVE pecha a ponte de Santa Margarida o mércores, 18 de xullo

51

As obras de execución do tren do Eixo Atlántico obrigan a pechar a ponte de Santa Margarida dende o vindeiro mércores, 18 de xullo. O Concello, a través da Policía Local, está a traballar nas recomendacións de tráfico que se van a facer para todo tipo de vehículos que atravesan cada día a zona. Está garantido o paso de peóns, tal e como esixiu o Concello á empresa que executa as obras.

A día de hoxe, a Policía elaborou unhas recomendacións xerais pero continúa o traballo máis pormenorizado dun plan de tráfico. Hai que explicar que o Concello recibiu este martes, 10 de xullo, un documento informativo da empresa con esa data do peche, polo que dende ese momento estase traballando na concreción dun plan de tráfico máis amplo que estará rematado nestes días.