Obras de seguridade viaria e accesibilidade en Ponte Sampaio e Canicouva

73

O Concello de Pontevedra está a realizar obras de seguranza viaria e de accesibilidade nas parroquias de Ponte Sampaio e Canicouva.

Na parroquia de Ponte Sampaio realizouse unha canalización de augas pluviais de preto de 50 metros, moi cerca da igrexa parroquial. É unha obra que permite eliminar as augas que corrían pola calzada, co conseguinte perigo para vehículos e peóns, nun lugar de centralidade parroquial e de encontro de veciños.

Na parroquia da Canicouva realizouse unha escollera no acceso ao lugar do Sixto, na estrada municipal de confluencia cunha provincial. Esta escollera permitirá conter a estrada que se podía vir abaixo ao caer unhas pedras que contíñan a calzada.