Torneo de fútbol 7 en Ponteverán

89

A Concellaría de Xuventude organiza xunto co Club Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD) e coa colaboración do Instituto Municipal dos Deportes, o 4º Torneo de fútbol 7    Ponteverán-CAFyD, que terá lugar esta fin de semana, o sábado 14 e domingo 15,  integrado na programación municipal de verán dirixida a mozos e mozas. 
Este ano participarán un total de 16 equipos, establecéndose os grupos por categorías:
– Cadete masculino  (14-15 anos) 3 equipos
– Xuvenil masculino (16-18 anos) 7 equipos
– Sénior masculino (maiores de 18 anos) 6 equipos

O Torneo terá lugar nos campos de herba sintética da Xunqueira (Pontevedra) durante toda a xornada do sábado 14 de xullo (de 10 a 14 e de 16 a 20h) e a mañá do domingo (de 10 a 14h).
Este torneo nace da demanda dos mozos participantes nas actividades de fútbol sala e de fútbol 7 do programa Noites Abertas, xa que se trata da actividade máis exitosa e demandada en cada unha das edicións. A inmensa maioría de participantes son mozos e tan só unha moza xoga cun dos equipos masculinos.
O Torneo estará coordinado un ano máis polo Club de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD), o mesmo que se encarga da coordinación de actividades deportivas no programa Noites Abertas dende o ano 2004.