Continúa a ampliación dos estacionamentos de bicicletas na cidade

65

O Concello de Pontevedra continuará nos vindeiros días coa colocación de novos estacionamentos de bicicletas tanto no centro histórico como no ensanche. Serán arredor duns 30 novos postos de aparcamento que estarán situados nas rúas:

• Gutiérrez Mellado (na antiga base de Pillabici)
• Rúa Serra
• Rúa Padre Luís
• Rosalía de Castro
• Avd. de Castro (na ponte sobre Eduardo Pondal)
• Joaquín Costa (na zona do Hospital)