O Festival de Jazz recorda os seus 20 anos de historia nunha publicación

46

A Concellaría de Festas acaba de prensentar unha publicación extraordinaria do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra con motivo do seu XX aniversario. É unha publicación que recolle unha pequena semblanza de todas as edicións, e destaca especialmente tres fitos do festival:

  1. O ano 1996 co incremento do orzamento que permitiu dar un salto cualitativo do festival.
  2. O ano 2002 co nacemento do Pontejazz
  3. O ano 2006, o traslado do Festval á Ferraría.

Carme da Silva, concelleira de Festas, expicou que "é un orgullo que o proxecto se consolidase co prestixo e a calidade que ten". Tamén quixo agradecer o traballo das persoas que fixeron posible este festival vivo logo de 20 anos de historia.

A publicación pódese recoller nas oficinas de turismo do Concello, no servizo de Cultura e no propio Concello, na rúa Michelena 30. Tamén se pode descargar da páxina web do festival de jazz.