O peche de Santa Margarida será este mércores a partir das 22.30 horas

58

Ás 22.30 horas é a previsión de peche da rúa Santa Margarida para este mércores, 18 de xullo, debido ás obras de execución do tren do Eixo Atlántico ao seu paso pola cidade.

O Concello esixiu á empresa que garantise en todo momento o paso peonil pola zona, que se suman ás recomendacións de tráfico realizadas pola Policía Local a pasada semana.

Hai que explicar que o Concello recibiu o martes, 10 de xullo, un documento informativo da empresa con data de peche para o día 18, polo que a Policía Local tivo que traballar arreo para elaborar as alternativas de tráfico.

Ademais, a empresa solicitou ao Concello un peche durante tres meses, pero os servizos técnicos autorizaron outorgalo ata o inicio do curso escolar, para evitar problemas nesta parte da cidade.