Pechado o prazo de inscrición na Feira Franca

36

A Feira Franca pechou onte o prazo de inscrición para participar nos xantares e ceas, no Mercado medieval e na Hostalería. Segundo os datos da oficina que a Concellaría de Festas habilitou nas antigas instalacións do Conservatorio de Música, foron as seguintes:

• Mercado: 117 solicitudes
• Hostalería: 128 solicitudes
• Ceas e xantares: 250 solicitudes

Son datos similares ao da última edición da Feira Franca.

Cabe lembrar que a Feira Franca celebrarase os vindeiros 30 de agosto e 1 de setembro e por decisión do Consello Aberto da Feira Franca estará adicada aos xogos populares dado que xeración tras xeración e século tras século os xogos viven na nosa memoria, ademais de encaixar á perfección coa Feira Franca dado o seu carácter participativo e permitirá presentar proxectos interesantes sobre este tema.

A temática permitirá facer unha posta en valor dos variados, entretidos e divertidos xogos populares da terra, así como facer unha homenaxe ao pontevedrés José Casal, do que se cumpren 100 anos do seu pasamento, que a primeiros do século XX fixo un traballo de investigación sobre os xogos populares en Pontevedra.