Sale a contratación o plan de aforro enerxético nas vías de entrada á cidade

70

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o Plan de aforro enerxético para as vías de acceso á cidade que afectará á estrada de Ourense, a estrada de Vilagarcía, estrada de Santiago e na avenida de Marín ata o termo municipal de Marín.

Segundo explicou o portavoz do Concello, Raimundo González Carballo é o primeiro contrato do Concello ao que hai que aplicar o novo IVE do 21% dado que será adxudicado a partir do 1 de setembro. A pesar deste incremento, o Concello prevé continuar cun aforro de 100.000 euros anuais ao cambiar 1.000 luminarias cambiando as de 400 e 250 w.