A zona verde de Pasarón estará lista para setembro

69

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá a parcela municipal situada a carón do campo municipal de Pasarón xunto ao presidente da Deputación, Rafael  Louzán e os responsables da Federación Española de Fútbol para coñecer as necesidades desta federación de cara ao encontro que a Selección española de fútbol disputará en Pasarón contra Arabia Saudí o vindeiro 7 de setembro.

O alcalde explicou que o terreo estará expedito, limpo e nivelado para atender as necesidades da federación como a colocación dos autobuses das seleccións, as unidades móbiles de TVE que retransmitirá o encontro ou unha zona para visitantes VIPS.

O tratamento será provisional – con xabre-, e no futuro farase a zona verde prevista para esta zona do barrio do Burgo, e tamén de acceso á grada de Tribuna do campo.