Ábrese a pasarela peonil da Illa do Covo

77

A Concellaría de Parques abrirá mañá a pasarela peonil que une a Illa do Cobo coa avenida de Bos Aires unha vez que xa remataron os traballos de mellora e restauración da pasarela. Pódese considerar que con esta obra está rematada a restauración ambiental da Illa do Cobo, a falta de poñer uns estacionamentos de bicicletas e uns medidores de distancias que se instalarán nos próximos días.

A restauración da pasarela peonil estaba incluída dentro das melloras do proxecto e consistiu na limpeza e pintado de toda a pasarela  para que o foi necesario poñer unhas barreiras anticontaminación no río e pintar a pasarela dende unha barcaza para a parte máis baixa.

Tamén se substituíu a iluminación así como todo o pavimento que presentaba zonas oxidadas.

A restauración da Illa do Cobo pode darse por concluída, agás a obra que a empresa Fenosa ten que realizar para soterrar o cableado da liña de media tensión que atravesa a Illa. A zona onde se realizarán estes traballos non afectan ao disfrute da Illa, dado que é unha zona perfectamente acotada, sinalizada e de escasas dimensións.