Máis de 300.000 euros para a melloras no Pazo, no Teatro e no Recinto Feiral

33

O Pleno municipal aprobou esta mañá un expediente de modificación de crédito do Pazo da Cultura por valor de máis de 300.000 euros que se investirán, maioritariamente, en traballos de mantemento e mellora tanto do Pazo da Cultura como do Teatro Principal.

Unha partida de 65.000 euros destinarase a actividades como Nadalocio, Culturgal ou Debut, e o resto para melloras nos dous principais centros culturais municipais. O alcalde, presidente do Pazo, explicou que o Teatro Principal leva 26 anos sen pintar, polo que se oscurecerá o patio de butacas e pintaranse outras dependencias. Tamén está previsto reforzar os equipos de emerxencia das dúas sedes, mellora dos sistemas de antiincendios; mellora da fontanería do Pazo; obras no sistema de climatización; pintado dos espazos comúns do Pazo; mellora da fachada interior e exterior do Recinto Feiral, coa colocación de perfiles de aluminio.

O alcalde explicou que se trata de obras necesarias "das que non podiamos esperar moito máis, xa que son obras imprescindibles que permitirá, ademais, inxectar liquidez nas arcas municipais e contribuír á economía local".