O Concello pide a cesión da N-550 ata Alba

71

O Pleno do Concello de Pontevedra aprobou esta mañá a petición ao Ministerio de Fomento da cesión da N-550, dende a Ponte de Santiago ata o cruzamento da N-525, que conecta a estrada de Santiago coa de Vilagarcía, á altura da parroquia de Alba.

A petición desta cesión permitirá solucionar varios problemas ao Concello de Pontevedra relativas ao saneamento nestas zonas ou unha conexión directa do Campus á Avenida de Compostela.