O vídeo da campaña “Pontevedra é un amor” na Internet vai camiño xa das 20.000 reproduccións

57

O vídeo “Pontevedra é un amor”, encadrado dentro da campaña de promoción turística da cidade para este verán, xa foi visto na Internet por máis de 15.000 persoas e todo indica que chegará, antes de que remate este mes ás 20.000 reproducións.
O produto audiovisual realizado pola Concellería de Turismo foi distribuído en varias plataformas e canais co obxecto de acadar a máxima viralización. A día de hoxe, as principais achegas estanse a producir dende a web de Galicia para el Mundo, Youtube, a web de Visit-Pontevedra, Facebook e Vimeo.
A maior porcentaxe de visitas procede de España, seguida de Reino Unido, México e Alemaña. Sen embargo, as estatísticas achegan tamén visitas de lugares como Hong Kong, Taiwan, Finlandia, Macedonia, Israel ou Namibia, por poñer algúns exemplos.
Diante deste éxito, a concelleira de Turismo, Carlota Román, optou por liberalizar aínda máis o acceso ao vídeo promocional e poñer en marcha unha iniciativa que leva por título “Pon Pontevedra na túa web”. O obxecto é facilitar a descarga de “Pontevedra é un amor” e a súa incorporación todo tipo de plataformas. A partir de agora será posible colocar o vídeo como páxina de inicio do navigador dos usuarios, incorporalo ás webs particulares e tamén descargarse en dispositivos móbiles. Para elo basta con seguir as indicacións a través das seguintes URL.
https://www.visit-pontevedra.com/esp/25/292/pontevedra-es-un-amor-el-corazon-de-las-rias-baixas.html.
https://www.galiciaparaelmundo.com/blog/pontevedra-es-un-amor.html

Finalmente, xa é posible descargar a versión móbil do vídeo, optimizada para Android, Iphone Ipad dende:
https://www.galiciaparaelmundo.com/mobile/promo/pontevedra-es-un-amor.php.