Pontevedra acollerá o Campionato do Mundo de Duatlón

57

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá un protocolo de colaboración coas federacións española e galega de Triatlón para a celebración do Campionato de España de Triatlón os vindeiros 8 e 9 de setembro, así como o Campionato de España de Duatlón para 2013 e do Mundo de Duatlón para 2014.

O alcalde destacou que a cidade está encantada de acoller estas celebracións pola importancia que supón para a promoción do deporte e a promoción económica da cidade. Explicou que cando Segovia decaeu na celebración do Campionato do Mundo de Duatlón, o presidente da federación española, José Hidalgo púxose en contacto co alcalde para ofrecerlle a celebración desta proba, "o que certifica a confianza dende o punto de vista económico e organizativo".