Este vernes remata Cantos de Taberna con Maravallada e Os Sustos

57

A Concellaría de Festas pon fin ao programa Cantos de Taberna mañá vernes, 27 de xullo, coa actuación dos grupos “Os Sustos” de Couso, do concello de A Estrada, e da Asociación Cultural Maravallada, que ven colaborando coa Concellaría para a posta en marcha de Cantos de Taberna. Esta xornada comezará ás 21.00 horas na taberna A casa do lado, e continuará ás 22.00 horas no Parvadas, e ás 23.00 horas nos Maristas.

“Os Sustos” é unha formación musical orixinaria da parroquia estradense de Couso, famosa a parte de pola súa ponte colgante e os seus cotos salmoneiros do rio Ulla, pola súa tradición musical. Alí teñen lugar algunas das convocatorias mais afamadas no espectro da música tradicional do país, como son o festival “As nosas músicas”, no mes de agosto; e a súa festa de Outono.

“Os Sustos” vén de facerse no mes de abril co primeiro premio na terceira edición do prestixioso Concurso de Cantos de Taberna que a asociación O Castelo celebrou no marco da VIII Foliada de Melide. O repertorio estará composto por pezas, todas elas de música tradicional e “de taberna de toda a vida”, así como por fenomenales adaptacións a este xénero de recolleitas de ruadas e seráns efectuadas por membros do grupo.

A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou esta mañá, xunto a Manuel Espiño, membro de Maravallada a colaboración que o programa Cantos de Taberna terá nas Festas da Peregrina. Aínda que a programación de Cantos de Taberna remata este vernes, si haberá unha colaboración o sábado 18 e o domingo 19 de agosto, dentro das festas principais da cidade.

Nestas datas, Maravallada xunto a todos os grupos que participaron en Cantos de Taberna cantarán en sesións vermú (de 12.30 a 15.00 horas) e pola noite a partir das 21.00 horas nos bares e tabernas coas que veñen colaborando durante todos estes meses.

O sábado, 18 de agosto, as actuacións ás 12.30 horas serán Maravallada, Os Sustos de Couso, Avelaíña. O domingo actuarán: Pedra Borneira, Son da Vilae Os Muiñeiros do Sarela.