O grupo Meigha presenta hoxe o seu novo videoclip no Local de ensaio

65

O grupo Meigha presentou á prensa o seu primeiro videoclip, que será presentado esta tarde, a partir das 19.30 horas no Local de ensaio de Pontevedra.

Meigha é unha banda de heavy-thrash baseada entre Vilagarcía e Pontevedra. O seu videoclip está grabado integramente en Galicia, case na súa totalidade na provincia de Pontevedra. Fíxose cun orzamento cero, coa axuda na realización, grabación, maquillaxe e dirección artística de alumnos de Belas Artes, Arantza Pardo e Gala Valdés.

Está grabado no Museo de pontevedra, no Camarote da Numancia, do Concello de Baiona, no Museo da Carabela Pinta, Concello de Pontevedra; no Campiño de Santa María, A Coruña; na Torre de Hércules; e en Vilagarcía.

A banda grabará para DVD o seu directo dentro do Showcase 15 bolos, o 2 de agosto na praza do Teucro.