Os Cantos de Taberna e os concertos de Bandas tributo súmanse mañá á programación de festas

31

A programación de festas do verán de Pontevedra incorpora tres novidades de cara a esta fin de semana: os concertos de Bandas tributo, os Cantos de Taberna e o Festixeve, ademais do programa Cinema na lúa que se segue a desenvolver na praza da Pedreira dende as 23.00 horas.

Para mañá, venres, 27 de xullo volven os Cantos de taberna, como cada venres de fin de mes, pero nesta ocasión mergullado dentro da programación de festas do verán. O grupo Maravallada actuará con Os Sustos de Couso polas tabernas do centro histórico nas prazas da Peregrina, da Leña e da Verdura, a partir das 21.00 horas.

O mesmo venres, a partir das 22.30 horas, o Recinto feiral acollerá a primeira das xornadas adicadas ás bandas tributo coas actuacións de Rif-Raf; Iron What e Stingers. Os concertos das bandas tributo continuarán o sábado no mesmo lugar e hora coa actuación de The Grave Dolls, Brother in Band e Zen Garden.

Tamén o venres continúa a programación de Cinema na lúa, na praza da Pedreira, a partir das 23.00 horas. Nesta ocasión coa proxección da película Valor de ley.