Peche ao tráfico da rúa Riestra cara a praza de España

86

Por mor das obras de reparación de pequenas deficiencias da praza de España, o acceso pola rúa Riestra cara á praza do Concello quedará pechado dende o xoves, 26 de xullo ata o luns, 30 de xullo.

Nesta parte da praza será preciso substituír ou reparar algunhas lousas danadas ou rotas, polo que non se autorizará o paso de vehículos.

Cabe lembrar que estes traballos de reparación da praza de España están incluídos dentro dun plan máis amplo de mellora do centro urbano e histórico da cidade de cara ás festas do verán. As obras da praza de España, en concreto, está a realizalas a empresa que executou o estacionamento soterrado dado que a obra aínda está en prazo de garantía.