Un amplo operativo especial de limpeza poñeráse en marcha esta fin de semana co gallo das actividades urbanas do verán que terán lugar estes días.
A parte do servizo habitual despregado en toda a cidade, a concesionaria de limpeza disporá de 45 persoas a maiores para que despois das celebracións a cidade luza a súa hixiene habitual.
Tres furgóns, sete barredoiras autormáticas, tres lavarrúas e tres cisternas de auga, ademáis de varios operarios de recollida de residuos conforman o cadro de maquinaria do dispositivo co que Pontevedra afronta unha fin de semana de gran afluencia nas rúas.