Exposición Premios Novos Valores de artes plásticas 2012

33

Lugar: Sexto Edificio do Museo Provincial

Horario: de martes a venres, de 17:00 a 21:00 h. Sábados, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.

 

Exhíbense trinta e oito obras seleccionadas polo xurado de entre as cento seis que se presentaron ó certame convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra en diversas disciplinas, como pintura, escultura, debuxo, fotografía, gravado ou vídeo.

 

Os artistas galardoados foron os seguintes: primeiro premio, dotado con 4.000 euros, para Avelino David Fidalgo Omil, polo seu vídeo titulado Animación x animación; segundo premio, de 3.000 euros, para Antía Cea García, pola súa escultura Memoria de un depósito, e terceiro premio, de 2.000 euros, para Marta López López, polo seu debuxo Surrounded, 2012.