O Concello adxudica a Setga o proxecto de eficiencia enerxética nas vías de entrada á cidade

48

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación o proxecto de eficiencia e aforro enerxético do alumeado público do Concello nas vías de acceso a Pontevedra. É un proxecto que suporá un investimento 200.000 euros, pero un aforro anual de 100.000 euros.

As vías ás que afectan son:

• N-550 dende o casco urbano ata o límite do municipio
• N-531 ata o límite co concello de Barro
• N-541 ata o límite con Cotobade
• Na autovía de Marín ata o linde do Porto

Raimundo González explicou que non afecta á estrada de Vigo dado que nesta estrada a reforma xa está realizada.

Neste proxecto acometerase a substitución de luminarias por outras de baixo consumo, a colocación de equipos de redución enerxética e a instalación de reloxos astronómicos, de tal xeito que se activen e apaguen en función da luz solar.

Está previsto a substitución de 1.036 luminarias e 22 cadros eléctricos. Substituiránse as luminarias que están controladas polos cadros eléctricos, que en moitos casos non só é na vía principal senón tamén en pequenos núcleos urbanos en torno a estes cadros.

O informe técnico municipal revela que o aforro será do 55% no consumo; que con mantementos e novas tecnoloxías suporá un aforro as arcas municipais de arredor 100.000 euros ao ano. Ademais, o contrato inclúe o mantemento da rede durante sete anos coa obriga de substituir todas as luminarias o último ano de vixencia do contrato (a duración dunha luminaria é duns catro anos).