Pontevedra ofrece unha recepción aos olímpicos

49

A cidade de Pontevedra ofrecerá esta tarde unha recepción aos deportistas olímpicos vinculados coa cidade de Pontevedra (nacidos, que viven ou adestran na cidade) na praza da Pedreira  a partir das 20.00 horas. O alcalde e o concelleiro de Deportes destacaron o orgullo e a satisfacción para Pontevedra desta participación e resultados porque "supón pór a Pontevedra no mapa do olimpismo".

O concelleiro de Deportes destacou a importancia desta representación olímpica e dos seus resultados como incentivo para "traballar en fomento da actividade deportiva e para facilitar o acceso dos nenos e nenas ao deporte e aos hábitos saludables". Destacou a figura dos olímpicos pontevedreses como exemplo a seguir, especialmente para os máis novos.

A esta recepción oficial organizada polo Concello, está convidada toda a Corporación ademais de todos os clubes deportivos da cidade, así como organismos, asociacións e colectivos pontevedreses.