Pontevedra pecha as festas da Peregrina cunha grande oferta lúdica e festiva para a fin de semana

41

Esta fin de semana a cidade pechará as festas da Peregrina cunha gran variedade de actividades festivas ao longo do venres, sábado e domingo. A música será o fío conductor da programación que se desenvolverá nas prazas do Tecuro, da Ferraría e na praza de España. Como vén sendo habitual, a gran tirada de fogos de artificio porá peche a nove días de festa consecutivos.

Venres, 17 de agosto

• 12.15 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
• 13.00 Actuación do grupo Os Alegres nas prazas e rúas da cidade
• 18.00 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
• 19.00 Exhibición de Taekwondo. Praza da Peregrina
• 19.30 Teatro infantil: Barafunda Animación: Pepiña, Maruxiña Quere Voar. Praza do Teucro
• 21.00 Trío Vaamonde, Lamas e Romero + Banda de Música de Pontevedra. Praza da Ferraría
• 22.30 Concerto de: Kepa Junquera e Xosé Manuel Budiño. Praza de España
• 24.00 Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Atlanta de Vigo e Talismán.

Sábado 18 de agosto

• 12.00 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
• 12.30 Cantos de Tabernas: Maravallada, Os Sustos de Couso, Avelaíña.Tabernas do centro histórico (praza de Valentín García Escudero, Isabel II, praza da Peregrina, Verdura e Leña).
• 13.00 Pasarrúas do grupo Chouteira
• 18.00 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
• 19.00 Batalla de Flores. Percorrendo as rúas Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal.
• 21.00 Festival infantil: Brincabolechas. Praza de España
• 21.00 Festival de corais: Asociación Cultural Polifónica de Barro (Pontevedra), Grupo Voces Amigas de Mourente (Pontevedra), Coral Polifónica do Casino de Carballiño, Coral Polifónica O Chopo (Pontevedra), Coral Baiona La Real e Coral Airiños de Campañó (Pontevedra). Praza da Ferraría
• 21.15 Cantos de Tabernas: Maravallada, Os Sustos de Couso, Avelaíña. Tabernas do centro histórico (praza de Valentín García Escudero, Isabel II, praza da  Peregrina, Verdura e Leña)
• 24.00 Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Escarlata e Agarimo

Domingo 19 de agosto

• 12.15 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles e do grupo Os Alegres
• 12.30 Cantos de Tabernas. Pedra Borneira, Son da Vila, Os Muiñeiros do Sarela. Tabernas do centro histórico (praza de Valentín García Escudero, Isabel II, praza da  Peregrina, Verdura e Leña)
• 18.00 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
• 19.30 Teatro infantil: Títeres Cascanueces. A Rúa das Pantasmas. Praza do Teucro
• 21.00 Festival de corais. Actuación de: Coral Polifónica do Centro Cultural a Merced de Chaín (Gondomar), Coral Alameda do Fogar do Maior (Pontevedra), asociación coral Coro Cantares das Burgas de Cuntis, Coral Bella Helenes (Pontevedra). Praza da Ferraría
• 21.15 Cantos de Tabernas: Pedra Borneira, Son da Vila, Os Muiñeiros do Sarela. Tabernas do centro histórico (praza de Valentín García Escudero, Isabel II, praza da  Peregrina, Verdura e Leña)
• 22.30 Concerto do Dúo Dinámico. Praza de España
• 24.00 Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Canela de Vigo e Oro Negro
• 24.00 Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras.