Pontevedra, preparada para recibir a Volta Ciclista a España

37

Pontevedra será o epicente da Volta Ciclista a España que comezou este sábado na cidade de Pamplona. A cidade acollerá aos ciclistas durante catro días, a partir do domingo 26 de agosto e despediraos o día 29 coa contrareloxo que terá Pontevedra como remate da etapa, a única contrarreloxo individual da Volta Ciclista.

O Concello mantivo o pasado luns a última das reunións técnicas de organización de tal modo que está totalmente pechado o operativo de mobilidade, seguridade e limpeza coordinado pola Policía Local, co obxectivo de garantir unha perfecta organización para "vender a cidade o mellor posible evitando as maiores molestias aos cidadáns e á actividade económica", en palabras do alcalde,  Miguel Anxo Fernández Lores.

O Concello de Pontevedra deseñou un circuíto para amosar a cidade para España e para o mundo, dado que hai máis de 150 canles de televisión seguindo a Volta Ciclista.

O primeiro pase da Volta por Pontevedra verase o día 28, cando está previsto un pase pola cidade, arredor das 16.00 horas (depende da velocidade da carreira) dende Rosalía de Castro cara a Ponte da Barca. Este pase implicará, unicamente, un peche de todas as rúas polas que pase arredor dunha media hora. Logo volverase a abrir ao tráfico. Será na etapa Ponteareas-Cambados.

Ao respecto do día 29, o operativo de tráfico é moito máis estricto. Todo o circuíto: Ponte da Barca, Alfonso XIII, Arcebispo Malvar, praza de España, Michelena, Peregrina, Cobián Roffignac, Avenida de Bos Aires, ponte dos Tirantes, Rafael Areses e avenida de Compostela, estará pechado ao tráfico arredor de sete horas, e só se permitirá atravesar peonilmente a rúa polos pasos de peón habilitados e controlados ben pola Policía Local ou por voluntarios.

Nos dous días da Volta Ciclista estarán operativos 85 axentes da Policía Local, 150 voluntarios, ambulancias, o servizo de limpeza e auga, habilitarase unha sala de prensa para 100 xornalistas, 7 salas de reunións, unha bancada para 400 persoas na chegada…

Durante esta semana comezará todo o operativo de seguridade como a retirada de bolardos, nivelar sumidoiros, rebaixe de bordillos, mellora do firme que implicará, por exemplo, o asfalto da rúa Cobián Roffignac mañá e pasado.

Pontevedrá terá ocupado o 100% das camas hotelerias da cidade (arredor de 800) entre eles equipos completos como o Movistar.