O Concello convenia a súa axuda con Rexurdir Provincial

30

O Concello de Pontevedra asinou esta mañá un convenio de colaboración coa asociación Rexurdir Provincial para fixar unha colaboración permanente e estable con esta entidade de axuda ás persoas con problemas de dependencia a través dun Centro de día e un Piso de acollida para cinco persoas.

Rexurdir Provincial agradeceu a colaboración estable do Concello especialmente importante nesta época de inestabilidade económica. Destacou "a faceta humana" do Goberno local imprescindible para manter as actividades das asociacións do eido social local.

A concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces sinalou que o convenio enmárcase dentro dunha práctica xenérica do departamento de facer máis estables as colaboracións anuais que o Concello ten cos colectivos do edio social. Optouse por buscar un convenio estable e eliminar as subvencións para estes colectivos.