Pontevedra atrae a atención de revísta líder en congresos en España

41

Durante dous días, representantes da revista nacional máis importante no sector dos congresos e viaxes de incentivo coñece os principais recursos da cidade á hora de organizar este tipo de eventos.
Así, hoxe mércores, coñeceu as distintas instalacións para congresos na cidade, incluíndo hoteis.

O xoves adicará o día a visitar diversas zonas de atractivo turístico para as viaxes de inventivos, como a Illa das Esculturas, ademais de realizar un paseo en barco pola costa e posterior subida polo río Lérez.

Esta iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra, dirixida por Carlota Román enmárcase dentro dun planning a dous anos vista que en próximas datas será dado a coñecer de xeito máis extenso. Dentro de devandito plan de promoción xa se celebraron actuacións como reunións con representantes do sector MICE (Meetings, Incentives, Congress and Exhibitions) como a presidenta de OPC Galicia e vicepresidenta de OPC España, Yolanda Barbeito, o presidente de Asehospo Cesar Sánchez Ballesteros (Hoteis da provincia de Pontevedra) ou o seminario sobre congresos a cargo da directora do Spain Convention Bureau, Violeta Matas.

A revista Meet In, de periodicidade trimestral, conta cunha tirada de 17.000 exemplares, boa parte dos cales distribúense conxuntamente coa publicación Harvard Deusto Business Review, dirixida a altos directivos empresariais. O seu target está composto tamén por viaxeiros frecuentes, travel managers, meeting planners e xefes de compra. Converteuse xa na principal publicación nacional do sector congresual.

Nos seus 3 anos de vida, a revista analizou en profundidade preto de 50 destinos desde o punto de vista das necesidades do segmento MICE. As viaxes dos seus reporteiros acumulan xa máis dun milleiro de recomendacións, entre hoteis, restaurantes, venues ou actividades para grupos de empresa.

Os lectores de Meet In reciben de forma bimestral información de calidade sobre novas rutas aéreas, tendencias da hotelería urbana, propostas de incentivos, recomendacións de seguridade, xestión profesional da política de viaxes, shopping ou gastronomía, xunto con comparativas de produtos dirixidos ao turismo MICE, iniciativas sobre responsabilidade social corporativa aplicadas ao mundo da viaxe ou pistas para organizar eventos, entre outros moitos contidos. É aquí onde a cidade de Pontevedra chamou a súa atención.

O seu Newsletter semanal recibe máis de 20.000 usuarios. Doutra banda, mantén estreitos lazos de colaboración con Forum Business Travel para impulsar a formación e profesionalización dos chamados travel managers, que son os que finalmente deciden onde facer unha viaxe de incentivo ou un evento. Tamén entrou a formar parte do Cluster de Turismo, dentro da rede Madrid Network, desde onde contribúe á dinamización do sector.

O turismo de reunións, convencións, congresos, incentivos e feiras (coñecido internacionalmente polas siglas en inglés MICE), é un dos sectores que mellor está soportando a actual crise. A aposta do departamento de Carlota Román por este sector busca captar a un perfil de visitante que ten gasto medio diario de máis de 200 euros. Doutra banda, cada vez máis os organizadores de congresos buscan cidades de tamaño medio onde o recinto estea próximo aos hoteis e lugares de restauración, o que permite un aforro en custos e un mellor goce da mesma, algo que Pontevedra cumpre sobradamente, declarou a concelleira de turismo na súa visita ao caso histórico acompañada dos representantes de Meet In.

Entre as próximas actuacións dentro deste plan integral inclúese a visita a Pontevedra de máis publicacións nacional de turismo, varias empresas nacionais de organización de congresos ou a asistencia ao Foro Mice do Spain Convention Bureau. Igualmente estase traballando nun grupo de traballo que aúne ao sector para promocionar a Pontevedra a nivel nacional no mercado congresual.