A parcela de Pasarón, lista para o día 7

63

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou hoxe as obras de acondicionamento da parcela da avenida da Coruña, lindante co campo de Pasarón e que será a futura zona verde do barrio do Burgo. Estes traballos de acondicionamento fanse para responder ás necesidades plantexadas pola Federación Española de Fútbol ante o partido que a Selección Española disputará o vindeiro 7 de setembro.

Os traballos de acondicionamento está practicamente rematados, de tal xeito que a parcela estará lista para responder ás demandas da Federación de Fútbol como a instalación das dotacións de televisións e tamén unha carpa VIP.