Éxito rontundo da Volta na cidade

75

"A crono da Volta ciclista a España en Pontevedra foi un éxito rotundo". Así de contundente amosábase esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ao asegurar que foi un éxito en público, deportivo, na dinamización económica da cidade e na proxección da imaxe de Pontevedra cara ao exterior.

"Miles de persoas foron as que presenciaron á Volta dende a Ponte da Barca até a meta na avenida de Compostela", asegurou Fernández Lores quen apuntou que "non é unha opinión persoal, xa que o director da Volta recibiu os parabéns do director do Tour pola contrarreloxo de Pontevedra".

O alcalde agradeceu o traballo de coordinación da Policía Local, xunto a Bombeiros, Protección Civil, todos os voluntarios, o departamento de Parques e Xardíns, as empresas concesionarias do servizo de abastecemento de auga e tamén da recollida de lixo, así como aos colaboradores da Alcaldía.

"Deuse unha excelente imaxe cara ao exterior tanto da cidade como da provincia", explicou Fernández Lores quen lembrou que a Volta "forma parte do deseño que o Concello ten elaborado cos eventos deportivos, e que teremos unha cita a vindeira semana co Campionato de España de Triatlón ou a chegada da Selección".