O Concello completa os convenios cos olímpicos de Pontevedra con David Cal e Támara Echegoyen

42

O Concello de Pontevedra asinou esta tarde un convenio de colaboración cos deportistas olímpicos, David Cal e Támara Echegoyen, pola súa vinculación á cidade. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández participaron nun distendido encontro cos medios de comunicación no que os deportistas agradeceron esta colaboración polo simbolismo que supón de dar a coñecer os valores olímpicos e a promoción do deporte de base.

Támara Echegoyen asegurou que “é un honor representar á Pontevedra” e amosouse esperanzada que iniciativas como a de hoxe sirvan para que o deporte de base da vela creza.

Pola súa banda, David Cal tamén destacou a importancia da promoción da cidade de Pontevedra a través do deporte, unha cidade da que destacou a súa calidade de vida e na que residente dende os 14 anos.

O convenio municipal de colaboración asinado esta tarde, vén completar os firmados semanas antes con Javier Gómez Noya, Teresa Portela, Bea Gómez, Gustavo Nieves, Juan Antonio Saavedra, e Pablo Cimadevila. O obxectivo destes convenios é o compromiso dos olímpicos a fomentar do deporte na cidade de Pontevedra, entre o deporte base e toda a cidadanía.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores cualificou aos olímpicos de Pontevedra como uns “embaixadores de luxo” da cidade.