A suba do IVE supón ao Concello 1,3 millóns máis ao ano

71

Os novos tipos impositivos do IVE suporán ao Concello arredor de 1,2 ou 1,3 millóns de euros ao ano. Así o explicou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo, quen asegurou que "nestas circunstancias de retraemento do consumo, a subida do IVE perxudica aos consumidores e ás empresas, e especialmente ao comercio".

Asegurou Raimundo González que "o Concello non é alleo", dado que ten contratos de limpeza, auga, obras… que suporá, segundo as primeiras estimacións, arredor de 400.000 euros no que resta de ano. De feito, no vindeiro pleno municipal xa se levará unha partida de recoñecemento de crédito para suplementar o pago destas subas do IVE.

Segundo as primeiras estimacións da Facenda local, a suba do IVE suporá arredor de 1,3 millóns de euros ao ano. Unha parte deste IVE chegará directamente ao consumidor (como na factura da auga), pero outra parte será de xeito indirecto dado que o Concello o que fai é xestionar os cartos públicos.