Clubs de lectura na Biblioteca Pública

92

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Ponse  en marcha a nova etapa dos clubs de lectura na Biblioteca Pública de Pontevedra  (de outubro a febreiro  2012/2013):

· Club de lectura en Galego (luns de 19 a 20 h)
· Club de lectura en Inglés (martes de 20 a 21 h)
· Club de lectura en Castelán (mércores de 17 a 18 h)
· Club de lectura en Portugués (luns de 18 a 19 h)

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, castelán, galego ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Inscricións a partir do 10 de setembro, en horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (3ª planta), no telefono 986 85 08 38, enviando un correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.