O proxecto de eliminación de verteduras aos cauces fluviais remate nestes días as obras en Pastor Díaz

47

O Concello de Pontevedra continúa nestes días cos traballos do proxecto de eliminación de verteduras aos cauces dos ríos da cidade. Un dos puntos que se acomete nestas semanas é no cruzamento da rúa Raíña Vitoria con Pastor Díaz.

Os últimos traballos neste punto obrigan a pechar a rúa Pastor Díaz dende esta mañá e até o vindeiro 12 de setembro para facer obras de remate. A Policía Local fixo un pequeño plan de tráfico para este punto da cidade, aínda que se abrirá ao tráfico na fin de semana.

O Concello de Pontevedra pretende con este proxecto “lograr a vertedura cero aos cauces fluviais urbanos”, segundo destacou no seu día o concelleiro responsable do ciclo da auga, Raimundo González Carballo.