I Torneo Masters de Esgrima de Galicia

69

Lugar: Praza da Peregrina

Hora: 17:00 h.

 

A partir das 17:00 h. Torneo aberto de esgrima histórica con espada longa onde participarán tiradores de toda Galicia. Ás 19:00 h. Torneo de esgrima deportiva, que enfrontará, nun formato de asalto único (final), aos vixentes campións galegos cos líderes do ranking (espada, florete e sabre) de categoría absoluta, masculina e feminina.

 

O torneo contará coa participación de tiradores/as do máximo nivel nacional e internacional
A Escola Hungaresa de Pontevedra aporta dous tiradores e dúas tiradoras a este torneo, todos/as na modalidade de sabre.

 

Organiza: Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.