Matrícula aberta na Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra

60
Lugar: Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra

 

Os alumnos veteráns da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra teñen de prazo ata o 12 de setembro. Os novos alumnos poderán facelo entre o 13 e o 26 de setembro. Matricula aberta. Prazas limitadas.

 

A matrícula é de 25 € e as clases son gratuítas. Desde os 6 anos pódese matricular en percusión e desde os 8 anos en gaita e zanfona, sen límite de idade (zanfona, só na zona de Vigo).

 

As matrículas realizaranse en:

 

Zona Sur (Vigo) IFEVI Vigo: Tlf. 986 48 70 20. Horario de 10 a 14h.

• Zona Deza (Lalín) Auditorio de Lalín : Tlf: 986 78 35 70. Horario de 17 a 21h.

• Zona Morrazo (Cangas) As matrículas realizaranse na Casa da Xuventude. Horario de 10 a 14h.

• Zona Centro (Pontevedra) Cidade Príncipe Felipe: Tlf. 986 80 41 35. Horario de 10 a 14h.

• Zona Salnés (Vilanova): Casa da Cultura de Corón : Tlf. 986 56 11 11. Horario de 17 a 21h.

 

Máis información nos teléfonos 986 487 020 – 986 269 980  e en escola@bandadegaitasprovinciadepontevedra.com | www.bandadegaitasprovinciapontevedra.com