O Concello pon en marcha o Plan de sostemento de espazos públicos no rural

51

O concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez presentou esta mañá o Plan de sostemento de espazos públicos no rural que se executará no último trimestre do ano. Son obras de menor entidade pero imprescindibles ou urxentes para os veciños de cada un dos lugares e parroquias incluídas no plan.

Este tipo de obras forman parte do traballo diario do Concello de Pontevedra nas parroquias, pero este plan outórgalles prioridade e ordénaos para aproveitar sinerxias, esforzos e medios.

OBRAS DE SOSTEMENTO

Salcedo
1.- Retirada dunha raíz na suba á Carballa
2.- Arranxo de conducións de pluviais na Esculca
3.- Limpeza e reparación de reixas de taxea na Carballa

Tomeza
3.- Reparación do firme na pista de acceso a Lusquiños

Bora
4.- Completar canalización de pluviais e reparación de firme na suba á Igrexa
5.- Colocación de valado na praza do carballo do Valo
6.- Limpeza e afirmado de camiño peonil entre O Valo e O Couto con canalización para a traída veciñal de auga

Marcón
7.- Reparación de firme e recollida de pluviais no acceso ao adro da Igrexa de San Miguel

Santa María de Xeve
8.- Arranzo integral de camiño en Gatomorto

Verducido
9.- Arranxo puntual da rede de pluviais en Covadaspera (localizar avaría e solucionala)

Lérez
10.- Seguranza viaria no acceso áparroquia dende a Avda. de Compostela

SOSTEMENTO DA REDE DE PLUVIAIS NAS VÍAS MUNICIPAIS

Verducido
11.- Atención integral

Santa María de Xeve
12.- Limpeza de cuneta baixo o cemiterio

Lérez
13.- Atención integral

Tomeza
14.- Atención integral

Atención integral: limpeza, sostemento e reparación de caces, cunetas, sumidoiros, canos, taxeas, arquetas, bermas e cursos de auga.

REPARACIÓN INTEGRAL DO FIRME DAS VÍAS MUNICIPAIS

15.- Cerponzóns
16.- Lérez
17.- Santa María de Xeve
18.- Verducido
19.- Salcedo
20.- Marcón


REPARACIÓN DE FONTES E LAVADOIROS

Santa María de Xeve
21.- Reparación e limpeza integral do lavadoiro de Couso
22.- Arranxo e limpeza da fonte de Frieiro

Lérez
23.- Reparación integral do lavadoiro de Casaldarado
24.- Reparación da traída de auga na Fonte do Outeiro

Cerponzóns
25.- Reparación da fonte da Fonteiriña en Tilve

Mourente
26.- Reparación integral do lavadoiro da Condesa

Salcedo
27.- Reparación integral da fonte e o lavadoiro do Birrete

Lourizán
28.- Limpeza e selado da pía do lavadoiro do Rial
29.- Limpeza e embelecemento da fonte da Guiñadoira

PARROQUIAS NAS QUE SE INTERVÉN

Verducido
Santa María de Xeve
Lérez
Cerponzóns
Bora
Mourente
Marcón
Tomeza
Salcedo
Lourizán