Tempada de abono de teatro Novacaixagalicia

57

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Abonos á venda en www.servinova.es

 

Xa están á venda os abonos de teatro Novacaixagalicia para Pontevedra, que terán lugar no auditorio do seu Centro Social. Unha nova tempada que achegará á cidade a Albert Boadella, Gabriel Olivares, Miguel Narros, Miguel del Arco, Manuel Guede e a actores como Silvia Marsó, Ramón Fontseré, Enrique San Francisco e Juanjo Puigcorbé, entre outros.

 

A obra 'Se quieren', de Pierre Palmade e Muriel Robin baixo a dirección de Miguel Olivares, inaugura a nova tempada de lecer teatral en Pontevedra o próximo 22 de setembro nunha única función ás 20.30 h. Se quieren é unha comedia que fala da relación de parella dentro do matrimonio. De ratones y hombres é unha obra baseada no texto do Premio Nobel estadounidense John Steinbeck e levada aos escenarios, esta vez, por Miguel del Arco e da que Novacaixagalicia oferta unha única función o día 5 de outubro ás 20.30 h.

 

'El Nacional', situada no teatro de vangarda de Els Joglars, ofrece esta vez unha obra que coa súa coñecida voz crítica e libre conta a historia de Don José, un vello acomodador do antigo Teatro Nacional da Ópera, hoxe en ruínas. Ofértanse dúas funcións, a primeira o próximo 16 de outubro, que inclúe o abono, e outra o 17 do mesmo mes, ambas ás 20.30 h.

 

'El profesional', de Dušan Kovačević, é outra das propostas teatrais deste outono, que nos ofrece o Centro Dramático Galego. Esta nova produción chega a Pontevedra o 30 de outubro, ás 20.30 h, presentándonos unha divertida e emocionante metáfora das grandes ambigüidades e contradicións da Iugoslavia comunista e da historia recente da nova Serbia.

 

En 'Yerma', Miguel Narros dirixe a Silvia Marsó e Marcial Álvarez para levar a escena o canto á maternidade que García Lorca nos deixou como herdanza na súa obra e que terá lugar o 17 de novembro, nunha función única ás 20.30 h.