Xoel López, presentando o seu novo disco “Atlántico”

67

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Prezo: 20 € + gastos (venda anticipada en www.ticketmaster.es) | 24 euros (na billeteira do Teatro). Promove Esmerarte.

 

Nado en A Coruña en 1977, Xoel López é un dos artistas máis representativos e influintes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, el se define coma un artista libre. Tras moitos anos dunha carreira consolidada no noso pais baixo o pseudónimo de Deluxe, realizou una xira por America e, en 2010 regfesou temporalmente a España co evento “Xoel López y la caravana americana” no que participaron máis de 30 artistas de diferentes nacionalidades. En 2011 foi embaixador do “Año de la Música en Galicia 2011.

 

Xoel chega a Pontevedra co seu novo traballo “Atlántico”, duodécimo na súa carreira musical pero o primeiro editado baixo o seu nome. Producido con Juan de Dios Martín e gravado entre A Coruña e Bos Aires, e unha das estreas musicáis máis agardada da tempada, xa que e, segundo palabra do propio artista, é o seu traballo máis persoal, cargado de influencias de épocas pasadas.