Actividades de animación á lectura 2012/2013

55

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Horario: martes e xoves, de 10 a 13 h.

Programa de “Formación de usuarios  e Animación á lectura” aberto a tódolos centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

As  visitas diríxense a nenos e nenas de  3 a 12 anos. A súa duración  será aproximadamente de 90 minutos, nos que se van a desenvolver  actividades de animación  adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca.

Realizaranse tódolos martes e xoves en horario de mañá de 10 a 13 horas, en grupos  de 25  a 30 alumnos.

É necesaria a concertación previa de visitas, quedando aberto o prazo o vindeiro 17 de setembro  en horario de 9 a 14 h. Inscrición na na propia biblioteca. 3ª Planta., no tel. 986 850 838 ou no correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es