‘Encontros’ de Lusco e Fusco

64

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 19:30 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.com

 

Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica onde dúas persoas se recoñecen despois dunha tempada sen verse, tómanse de novo as medidas, tócanse, úlense, séntense, e comezan de novo o seu camiñar, xuntos.

 

As habilidades físicas e interpretativas dos actores (Alfredo Pérez: Circanelo, e Pablo Reboleiro: Trasno) serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema.