Taller formativo ‘Sae ó mercado’

44

Lugar: Local Social de Aempe. Rúa Virxe do Camiño, nº 2 – 1ª planta, ofic. 27

Hora: de 10:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 19:30 h.

 

Taller formativo orientado á área de obxectivos e control, o cal se encadra dentro do Programa Sae ou Mercado. O devandito taller realizarase coa colaboración de BIC GALICIA.

 

Obxetivo: Presentar os conceptos e ferramentas clave para a toma de decisións nas empresa, con o fin último da mellora continua na xestión.

 

Beneficiarios: Empresarios e persoal directivo de pemes galegas que estean interesados na elaboración de plans, indicadores, cadro de mando e/ou un proceso presupostario que marque os obxectivos e control.

 

Metodoloxía e plan de traballo: En cada fase do proxecto empregaranse ferramentas, equipos ou modelos para potencia o traballo en equipo e fomentar a aprendizaxe organizativa a través da xestión do coñecemento cada un dos membros do equipo.

 

Fase 1. – Formación Grupal. Temática a tratar:
1.- Análise de balances. Conceptos para non financeiros.
2.- Desenvolvemento da conta de resultados analítica.
3.- Elaboración de presupostos, proxeccións (rolling forecast), resultados e tesouraría.
4.- Seguimento e control de xestión. Cadros de mando.
5.- Traballo en equipos, con casos reais, en cada materia

 

Fase 2. – Titorías indicviduais por empresa:
Esta fase supón a verdadeira personalización dos conceptos desenvolvidos na formación á realidade das empresas seleccionadas. Cada empresa traballará individualmente coas ferramentas achegadas para cada unha das fases propostas.
Nota: De entre os asistentes á formación grupal seleccionaranse un total de 8 empresas para participar nesta fase.

 

Ponentes:
Rafael Nuñez. Licenciado en Ciencias Económicas pola USC. Na actualidade director de RN Management, empresa dedicada ao asesoramento financeiro, control de xestión e
organización de empresa.

 

Debido ao interese do contido do devandito taller, animámolo a que asista. Para anotarse poden poñerse en contacto coa Asociación no teléfono: 986.86.83.76 ou ben a través da seguintes direccións de correo electrónico: gerencia@aempe.com ou | aempe@aempe.com.