‘Tango’ de Sarabela Teatro

42

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21:00 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.com | Horario da billeteira: dúas horas antes do comezo da función.

 

O tango do título é un baile-reto no que se mostran as relacións internas dunha familia, concibida como metáfora da sociedade e que serven para mostrar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional. "Tango" é unha das obras máis relevantes do teatro europeo en todo o mundo. Reclama a necesidade dunha nova comprensión dos tempos que vivimos.

 

A acción desenvólvese na casa dunha familia moi particular. A extravagante avoa Lilith e a tía Xena, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil e a nai, Eleanora, son artistas que pertencen a unha vangarda desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que se comporta de xeito descoidadamente "informal". O fillo, Artur, que estuda tres carreiras, e Á, a súa noiva, son os membros máis novos. Prepáranse para casar con toda a "pompa" e crear así unha nova familia. Non obstante, primeiro Artur cre que ten que ordenar o caos que impera ao seu arredor. Tamén habita na casa un misterioso estranxeiro…

 

O drama comeza cando a certo Hamlet lle dá por ordenar o mundo.