‘A caixa de música’ de Viravolta Títeres

78

Lugar: Teatro Principal

Hora: 18:30 h.

Prezo da entrada: 3 €. Venda anticipada de entradas en servinova.com | Horario da billeteira: unha hora antes da función

 

Ciclo 'Concertos en familia'. Programa de recitais para os máis pequenos e os seus pais.

 

'A caixa de música'. Concerto de música de cámara con espectáculo de títeres representado pola compañía Viravolta Títeres, acompañada por músicos que interpretarán as pezas compostas por Ermitas García Ríos.

 

Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”. É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores refletantes na luz negra. A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasladaos ao mundo de Icía e Salte.

 

Programa musical: 1-Vals do organillo 2-Rumba da casa de música 3-Fantasía de Icía 4-No pinar o cuco 5-Tango Grave 6-Paxaros e Bolboretas 7-Vals do organillo 8-Rumba da casa de música.