“A función do tequila”

64

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21:00 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.es

A obra ‘A función do tequila’, a cargo das compañías Teatro do Morcego e Teatro Circo de Braga, é unha peza baseada nun feito real que conta a historia de María Docampo, secretaria de Castelao en Nova Iork, en 1938, cando  este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller  resultará ser unha axente do “Servizo de Intelixencia Americano”, destinada a espiar ao intelectual galeguista.

A obra de Manuel Guede, interpretada por Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces, foi galardoada co Premio Rafael Dieste 2011.