‘Ainda’. Centro Coreográfico Galego

74

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.com

Aínda é a quinta produción propia da historia do Centro Coreográfico Galego e a primeira asumida baixo a dirección artística e de xestión de Mercedes Suárez. Tony Fabre, Anxo Rodríguez e Amaury Lebrun conforman o trío de coreógrafos que asinan cada un das partes de 3D Tres. Os excompoñentes – entre outras- da Compañía Nacional de Danza na época de Nacho Duato, prestan o seu talento creativo ao CCG como autores, respectivamente, das pezas Honey Moon, Dulce Memoria e Magnificai.

Diferentes músicas, temas, vestiarios e postas en escenas identifican cada unha destas coreografías, que teñen como denominador común a técnica empregada polas cinco parellas de intérpretes (un estilo contemporáneo sobre unha sólida base de danza clásica) e o traballo integrador de Mercedes Suárez como directora.