“Contra el viento del norte”

42

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.es

Dirixida por Fernando Bernués e protagonizada por Itziar Atienza,  Joseba Apaolaza e Kike Diaz de Rada.

Baseada na novela de Daniel Glattauer, Tanttaka Teatroa trae ao Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra a obra teatral 'Contra el viento del norte", unha comedia que se desencadea cando Leo Leike recibe unha mensaxe por erro dunha descoñecida chamada Emmi. Como é educado,  contéstalle e como el a atrae, ela escribe de novo. Así, pouco a pouco, entabóase un diálogo no que non hai marcha atrás. Parece só unha cuestión de tempo que se coñezan en persoa, pero a idea altéraos tan profundamente que prefiren pospoñer o encontro. Sobrevivirían as emocións enviadas, recibidas e gardadas un encontro real?