‘Gharbo!’ da compañía de danza Contra2

70

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (para estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.com

 

O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproducirá na presente tempada escénica 2012 o espectáculo titulado 'Gharbo!' xunto á compañía de danza Contra2.

 

'Gharbo' propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar.

 

Para a consideración deste proxecto, o Centro Coreográfico Galego valorou especialmente a súa calide e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas, e a achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia.