‘O Profesional’, de Dusan Kovacevic

69

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Entradas á venda en www.servinova.com e no 902 504 500.

 

'O Profesional', de Dusan Kovacevic, é a historia do encontro entre un ex-activista político da vella Iugoslavia, acomodado hoxe entre as redes do poder, e o policía que durante dúas décadas lle seguiu os pasos. Os que nunha época foron vítima e verdugo, perseguido e perseguidor, ven agora como os seus papeis se inverten, esvaécense e confúndense.

 

'El profesional', é outra das propostas teatrais deste outono, que nos ofrece o Centro Dramático Galego. Esta nova produción chega a Pontevedra presentándonos unha divertida e emocionante metáfora das grandes ambigüidades e contradicións da Iugoslavia comunista e da historia recente da nova Serbia.