‘Yerma’, de Federico García Lorca

77

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Entradas á venda en www.servinova.com e no 902 504 500.

 

Miguel Narros dirixe a Silvia Marsó e Marcial Álvarez para levar a escena o canto á maternidade que García Lorca nos deixou como herdanza na súa obra.

 

Con música de Enrique Morente, a acción de Yerma desenvólvese nun ambiente rural protagonizado por unha campesiña, frustrada por non poder concibir fillos co seu marido, co que casou anos atrás por conveniencia. A partir desa situación, Lorca aborda a temática da esterilidade e os efectos negativos na realidade feminina. Yerma non só é unha muller que busca ter descendencia para satisfacer un desexo persoal, senón que ademais é unha vítima da sociedade do século XX, para a cal as mulleres tiñan a obrigación de encargarse das tarefas domésticas e cumprir cos seus compromisos femininos, sendo a maternidade un requisito indispensable.

 

Co tempo, este deber imposto polas normas sociais termina por arruinar a vida da protagonista, quen non deixa de loitar contra a súa realidade e reacciona fronte a iso de forma conflitiva, ata o punto de cometer accións das que nunca se creu capaz.