Bienal de Fotografía Purificación García

74

Lugar: Sexto Edificio do Museo. Rua Padre Amoedo, 3.

Horario: de martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

 

Exposición Purificación García, Premio Bienal de fotografíae foi e a Daniel Blaufuks por O jardim de Eugène Delacroix, da serie Um mundo igual a este, mas ligeiramente diferente. Mostra que reúne as obras seleccionadas e premiadas na novena edición do certame.

 

O Xurado, composto por Marta Gili, Manuel Borja–Villel, Chema Madoz, Sergio Mah, Alberto Martín e un representante de Purificación García, realizou unha selección de dezasete entre as máis de novecentas obras presentadas por artistas residentes en España e Portugal.

 

Os premios recaeron nos seguintes artistas: o primeiro premio, dotado con 15.000 euros, en Regina de Miguel pola súa obra 'Un efecto de verdad'; o segundo, de 12.000 euros, en Jaime de la Jara por 'Place One' (Proxecto Anger Moments), e o terceiro, de 10.000 euros, en Zoé T. Vizcaino por'Maelstrom Saltstraumen, 160711 • IN18:1'.

 

A fin de premiar aqueles traballos que chegaron ó debate final, o xurado decidiu outorgar ademais dúas mencións especiais, sen dotación económica, a Carla Cabanas pola súa obra 'O que ficou do que foi' e a Daniel Blaufuks por 'O jardim de Eugène Delacroix', da serie 'Um mundo igual a este, mas ligeiramente diferente'.

 

Completan a mostra as obras seguintes: Who where, de Vasco Araújo; Sin título, da serie Catedrales, de Juan Baraja; Melancholia Studies #2, de Nuno Cera; After Struth; After Velázquez, de Carlos Correia; Edificio Focsa. La Habana, pertencente ó traballo Bloc de notas, de Díaz Maroto; Sin título, de Suso Fandiño; Hogar, de Nuria Fuster; ST XV, da serie Cercar al silencio, de Ignacio Llamas; Love Secene #05, de Joâo Louro; Central do Fratel: Sala de máquinas, da serie The Time Machine, de Edgar Martins; Folk, de Álvaro Sánchez-Montañés, e El herbario. Fundación Cartier, da serie Paisajes mínimos, de Jorge Yeregui.

 

A exposición foi exhibida no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central de Cantabria de Santander e no DA2 Salamanca. Tras a súa clausura no Museo recalará en Ourense, onde formará parte da programación do Outono Fotográfico. A itinerancia continuará durante os primeiros meses de 2013 visitando cidades como Valencia e Lisboa.