Carlota Román participa no III Foro de Turismo de Negocios, que se está a celebrar en Zamora

80

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, está en Zamora, participando no III Foro MICE (turismo de negocios), organizado polo Spain Convention Bureau, é dicir, a sección turística da Federación Española de Municipios e Provincias. Durante o foro estase a debater en profundidade sobre o presente e o futuro do turismo de reunións.

A asistencia enmárcase dentro dos actos de promoción de Pontevedra como cidade congresual e feiral que está a desenvolver a Concellería.

Román está a manter xuntanzas cos responsables de empresas organizadoras de eventos, entre ellas Events & Co., así como profesionais de asociacións médicas e farmacéuticas, ademais do Colexio de Ópticos-Optometristas. Estase a falar polo miúdo dos novos métodos e estratexias para captar congresos e hai plena coincidencia na importancia de contar cunha Oficina de Congresos profesionalizada.

A concelleira socialista tamén contactou con outros concelleiros e responsables feirais de cidades como Xixón, Elche ou Toledo, todas elas cun perfil comparable a Pontevedra. Román comprobou que as novas sobre a creación da Oficina de Congresos e o Plan de Turismo de Negocios da nosa cidade xa é coñecido en moitos puntos de España gracias á ampla difusión que esta nova tivo en revistas especializadas e na Internet.

A actividade continuará mañá, venres, coa participación de Carlota Román na Asemblea da Spain Convention Bureau, máximo órgano de promoción do turismo de congresos en España, encabezada polo presidente da FEMP, o alcalde de Granada.